Mute Records

Mute Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1978
Fundador(es)Daniel Miller
Organización matrizBMG Rights Management
Organización subsidiariaThe Grey Area
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
http://www.mute.com/
Facebook: muterecords Twitter: muteuk Instagram: muterecords MySpace: muterecords Youtube: UCyZXZ0D0AfgfhwzJDHpwl3g Souncloud: muterecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mute Records é un selo discográfico formado en 1978 por Daniel Miller, nun principio para realizar o seu propio sinxelo, T.V.O.D./Warm Leatherette, baixo o alcume de The Normal. Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas post-punk, como Fad Gadget (pseudónimo de Frank Tovey), a Einstürzende Neubauten, Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire. Cando a música electrónica se situou no cumio das listas de 1981 do Reino Unido, Mute Records asinou con artistas como Depeche Mode, Nitzer Ebb, Yazoo ou Erasure, bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.

Logo desta etapa, Mute cambiou o seu estilo novamente, apoiando o rock alternativo con bandas como Sonic Youth na subselo Blast First. O selo ademais lanzou en 1992 a subsidiaria Novamute Records, principalmente como unha canle de distribución de música electrónica experimental.

Mute Records foi coñecido por ser o fogar de Depeche Mode e Erasure. Moby, Nick Cave e Laibach tamén son algúns dos piares fundamentais de Mute.

Os seguintes discos realizados por Mute Records foron nomeados para os premios Mercury:

Mute Records foi a primeira casa discográfica británica en aparecer en Internet, co título Mute Liberation Technologies. Este comezou como un boletín, logo cun espazo en Telnet, e finalmente o seu propio sitio Web. Continuaron algúns anos máis ata darse de baixa, con excepción do sitio web.

O 10 de maio de 2002, EMI adquiriu Mute Records, estendendo unha exitosa relación que Mute mantiña con EMI Virgin Records durante 15 anos. Daniel Miller, presidente executivo, é o responsable de tódalas actividades da compañía.


Developed by StudentB